Quantcast
Channel:
Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

O Feito a Man encherá as rúas compostelás en agosto con 60 propostas artísticas diferentes

$
0
0
Fanfare Ciocarlia actuarán o domingo 21 na Quintana.

Fanfare Ciocarlia actuarán o domingo 21 na Quintana.

A Asociación Cultural Cidade Vella – en colaboración co Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Estrella Galicia, Tórculo e o restaurante O Dezaseis – organiza do 2 ao 27 de agosto a XIII edición do Feito a Man. O esperado festival encherá as rúas compostelás durante case un mes con 60 propostas artísticas diferentes, entre as que se atopan concertos, teatro, performance, djs…

Os escenarios onde se poderá gozar destes espectáculos son as rúas e prazas da Cidade Histórica de Compostela, tales como San Martiño Pinario, Tras San Fiz de Solovio, Bonaval, Praza de Abastos… Ademais, as prazas de Cervantes e Quintana acollerán tres grandes concertos: The Morgans e Brincadelia Troupe (día 10 en Cervantes), Radio Cos e Fanfare Ciocarlia (día 21 na Quintana) e Agoraphobia e Kokomo (día 24 en Cervantes). Todas as actuacións serán de balde, agás a do domingo 21, que terá un prezo de 12 euros, comprando a entrada anticipada, e 15 euros, na billeteira.

Cora Sayers.

Cora Sayers.

Feito a Man é un festival de rúa que pretende xerar sinerxias entre os espazos singulares da cidade e a creación artística. Un festival de diversidade. Un fenómeno espacial onde interactúan os suxeitos dunha colectividade a través da creación. Así, tal e como explican os organizadores, un dos obxectivos fundamentais do festival  é dar a coñecer e difundir a capacidade creativa da cidade e o potencial da cidade vella como entorno excepcional para o seu posicionamento e visibilización. Asi mesmo, tamén se busca a implicación activa na dinamización cultural de Compostela e o compromiso coas manifestacións artísticas máis diversas, servindo como plataforma e vínculo entre os universos creativos e as xentes que habitan as rúas da cidade.

O programa do Feito a Man 2016 – que podes consultar por completo aquí – inclúe, entre outros, á banda de funk e rock progresivo viguesa IGMIG; a orquestra de ukeleles compostelá, Ukestra do Medio; a cantante e compositora suizo-galega Nastasia Zürcher; e Cora Sayers, alter ego musical da actriz Cora Velasco e excantante de grupos de blues como ‘1000 Demonios Blues Band’.

 

The post O Feito a Man encherá as rúas compostelás en agosto con 60 propostas artísticas diferentes appeared first on Pincha(e)Discos.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú