Quantcast
Channel:
Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Preto de 50 propostas musicais, escénicas, cinematográficas no WOS Festival do 7 ao 11 de setembro

$
0
0
The Oh Sees, unha das bandas confirmadas no WOS Festival.

The Oh Sees, unha das bandas confirmadas no WOS Festival.

WOS é un festival urbano que se celebra en once das localizacións turísticas e culturais máis importantes de Santiago de Compostela. Cun programa estruturado en torno á música, que se converte nunha ruta turística, arquitectónica e artística pola cidade, WOS ofrece unha mostra da cultura contemporánea, tanto de produción local como internacional, en ámbitos como as artes escénicas, o cine ou a gastronomía, ademais dun espazo para encontros entre profesionais da industria cultural. Este ano, na súa terceira edición, o festival amplía a súa oferta cultural a 5 días de programación, do 7 ao 11 de setembro.

Na súa selección para esta edición de preto de 50 actividades, con propostas musicais, escénicas, cinematográficas e actividades orientadas ao público do festival e a profesionais da industria cultural, WOS mantén a súa vontade de ofrecer un programa da máis alta calidade, invitar ao descubrimento de propostas culturais e proporcionar experiencias únicas. Con patrocinadores e colaboradores como SON Estrella Galicia, Jägermeister, Ticketscript, Renfe e Iberia na beira privada, e AGADIC, Deputación da Coruña, Concello de Santiago ou CEM (Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura) no lado público, WOS persegue posicionarse indiscutiblemente coma un festival de referencia a nivel europeo.

Esta mañá a concelleira de Turismo, Marta Lois, e a responsable de comunicación do WOS Festival, Ánxela Baltar, presentaron no Pazo de Raxoi os prezos especiais que ofertan Renfe e Iberia para as persoas que asistan ao evento. Así, Iberia ofrece un 10% de desconto para voar ao WOS. Mentres que o desconto en Renfe é do 30% tanto en AVE como en longa distancia.

Entre os artistas xa confirmados para esta edición do WOS atopamos a The Oh Sees, Fasenuova, The Soft Moon, Boogarins, Silver Apples e Triángulo de Amor Bizarro, entre outros.

The post Preto de 50 propostas musicais, escénicas, cinematográficas no WOS Festival do 7 ao 11 de setembro appeared first on Pincha(e)Discos.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú