Quantcast
Channel:
Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Visitamos a Sala Riquela, un novo espazo gastronómico e cultural en plena zona vella compostelá

$
0
0
Martín Calviño na Sala Riquela.

Martín Calviño no escenario de Riquela Club.

A principios de mes abriu no Preguntoiro as súas portas un novo local desos que nos gustan tanto en Pincha(e)Discos: a Sala Riquela. Con dous ambientes ben diferenciados – Riquela Bar e Riquela Club – o establecemento do compostelán Martín Calviño combina comida, música e bebidas. “É o que levaba buscando anos porque como me criei na hostalería pero tamén pertenzo á industria musical como promotor, aquí fusiono as dúas cousas. E ademais é na miña cidade, que é o que máis ilusión me fai, poder facer algo aquí e intentar que Compostela teña unha alternativa máis de espazo cultural e gastronómico”, asegura.

O Riquela Club – con aforo para 250 persoas – estreouse os días 9 e 10 de setembro como sala residente do WOS Festival. “Fixemos seis concertos e á xente gustoulle. Temos boa acústica e para certo tipo de formatos funciona moi ben”, afirma Calviño. O local programará espectáculos de jazz, blues, rock & roll de maneira habitual e acollerá actuacións de festivais como o Outono Códax Festival, WOMEX, Curtocircuíto, Placeres Ocultos de Desconcierto Cultural… “O 29 de setembro temos a Xoel López en acústico, entramos dentro do ciclo Sons Estrella Galicia… empezamos con forza!”, admite o compostelán. Toda a programación pode consultarse no seu facebook e tamén próximamente na web riquela.com

A entrada á Sala Riquela.

A entrada á Sala Riquela.

Cafés, cañas, tapas…
Entrando polo Preguntoiro o primeiro que atopamos é Riquela Bar, un espazo aberto desde ás 11:30 horas da mañá onde podemos tomar desde un café ata unha caña ou algo de picar. “Non quería adicarme exclusivamente á noite, senón que tamén quería ter oferta durante o día. Entón como o local é tan grande pensei que a mellor opción era dividir os dous espazos”, explica Martín, que escolleu para o seu establecemento como nome o que fora alcume da súa bisavoa.

Para a decoración de ambos espazos, Calviño tratou de conservar detalles como unhas estanterías de máis de 10o anos ou unhas columnas, que datan de finais do século XIX, e que recuperaron porque estaban cubertas de cemento. “Empregamos radios, máquinas de escribir… quería que o local tivera ese sabor a algo antigo, recordando ao ambiente de clubs de blues, jazz, cine negro…”, apunta. Xogan tamén moito coa luz, utilizando candeas para os concertos máis íntimos. Para todos eles estaremos ben atentos en Pincha(e)Discos!

 

 

The post Visitamos a Sala Riquela, un novo espazo gastronómico e cultural en plena zona vella compostelá appeared first on Pincha(e)Discos.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú