Quantcast
Channel:
Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Obradoiros de cociña, un mannequin challenge colectivo e concertos de grupos noveis nas Festas de Nadal compostelás

$
0
0
O Mercado de Nadal en Carreira do Conde. Foto: Concello de Santiago

O Mercado de Nadal en Carreira do Conde. Foto: Concello de Santiago

Esta mañá presentouse no Concello a programación para estas Festas de Nadal, que este ano levan por lema ‘Conto, canto o Nadal’. O groso das propostas arrancarán a mediados deste mes combinando actividades tradicionais xa consolidadas con propostas máis novidosas e dirixidas a novos públicos como o xuvenil.

Así, nesta edición intensifícanse as actividades dirixidas á mocidade e centradas na cultura urbana. Os epicentros serán a praza Roxa, onde se instalará unha carpa con actividades específicas para os mozos e mozas; Área Central, escenario dun campionato de street battle; e a Praza de Abastos. Co obxectivo de achegar aos máis novos ao mercado, haberá concertos a pé de rúa de grupos noveis da cidade, que serán gravados para editar un vídeo. Ademais, a Praza será sempre o punto de partida dos concertos que varias corais van ofrecer por toda a cidade.

O día 22, Tanxugueiras e Oîma, dous dos grupos emerxentes da contorna compostelá que están a dar moito que falar, farannos gozar da súa música nun gran baile de Nadal para todos os públicos que se celebrará na Sala Malatesta (entradas a 5 euros).

Tamén pensada para os máis novos son algunhas das propostas de Nadal do Departamento de Deportes, que vai poñer en marcha o programa Compostela Aventureira no pavillón municipal de Lamas de Abade. Trátase dunha actividade de balde dirixida ás familias, que poderán participar en equipo en diferentes carreiras de obstáculos e probas de habilidades.

A programación de Nadal tamén nos dará a oportunidade de coñecer tradicións doutros tempos e doutros países durante estas festas, grazas ás propostas organizadas dende a Concellaría de Políticas Sociais. Así, haberá obradoiros de cociña típica de países como Colombia, Perú ou Chile, que se desenvolverán na Praza de Abastos, e tamén sesións de contos de Nadal deses outros lugares.

Unha das propostas máis chamativas do Departamento de Políticas Sociais son os “Contos de Nadal e Nadal doutros tempos”, sesións que se desenvolverán nos centros socioculturais e nas que os máis novos poderán saber como vivían o Nadal outras xeracións.

A rede de centros socioculturais xogará un papel fundamental na programación do Nadal. Como novidade, este ano converteranse polas tardes nun espazo para a conciliación, complementando a oferta que fai a concellería de Educación pero que se limita ao horario de mañá. Deste xeito, os centros de Fontiñas, Vite, Santa Marta, Conxo, Trisca e Castiñeiriño ofrecerán xogos e talleres lúdicos dirixidos por monitores, de catro da tarde a nove da noite, e que serán gratuítos para as familias.

Outras das novidades nos centros socioculturais serán a sesións de cine familiar, que se sumarán a outras propostas arraigadas como as funcións de teatro, o Agasallo Viaxeiro, os obradoiros de temática relacionada co Nadal ou as visitas dos paxes reais. Ademais, os centros organizarán un mannequin challenge colectivo, cuxo resultado será difundido a través das redes sociais. Por último, a rede organizará unha gran festa de fin de ano no centro de Santa Marta, o 30 de decembro.

Por outra banda, o pasado sábado abriu as súas portas o Mercado de Nadal na rúa Carreira do Conde. Dos 79 expositores destaca a pluralidade da oferta, xa que están representados sectores como alimentación, xoiería en prata, bixutería, complementos, cerámica, reciclaxe de madeira, decoración específica de Nadal, regalos, cosmética natural, xoguetes… Haberá un total de 14 expositores por cada unha das 6 quendas nas que se dividirá o mercado. O Mercado permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro.

A programación de Nadal complétase con teatro infantil, actuacións da Real Filharmonía e da Banda de Música, un concerto de góspel, unha ópera para nenos, ou a tradicional Festa de Fin de Ano na praza do Obradoiro. A praza máis emblemática da cidade estará ambientada durante o Nadal co “Bosque dos Contos, Cantos e Sons de Nadal” a partir do día 16, mentres que dende o 8 de decembro poderase visitar o Belén tradicional na Igrexa de San Fiz. O Departamento de Festas está ultimando tamén os detalles da Cabalgata de Reis, que este ano levará o lema “A ruta dos desexos”.

The post Obradoiros de cociña, un mannequin challenge colectivo e concertos de grupos noveis nas Festas de Nadal compostelás appeared first on Pincha(e)Discos.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú