Quantcast
Channel:
Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

O mellor Blues&Soul nos directos da banda MOJO EXPERIENCE

$
0
0

mojo experience

Desta vez tivemos o pracer de falar cos integrantes da banda compostelá de Blues&Soul, MOJO EXPERIENCE. A día de hoxe, compoñen o grupo musical Diego Negro (voz), Roque Mosquera (batería), Guillermo Vistoso (guitarra), Katia Del Río (teclado), Alejandro Castiñeiras (baixo) e Pau Castiñeira (coros).

Aínda que xa é coñecida por moitos de nós na nosa cidade, MOJO EXPERIENCE naceu hai pouquiño tempo.“É un proxecto que ten arredor de dous anos. Houbo cambios nos integrantes, xente que foi entrando, saíndo, ata conformar a banda que somos hoxe en día, que vimos funcionando como tal dende abril do 2016”, conta o baixista e fundador da banda, Alejandro.

O proxecto nace da fusión de varios estilos e traxectorias dos seus integrantes outorgándolle un estilo moi persoal,. “Aínda que fagamos un estilo común que é a música negra, cada un de nós ven cun percorrido musical. Katia ven do metal sinfónico, Roque do rock progresivo, Guillermo do rock&roll, Alejandro do rockabilly e Paula e máis eu do soul, funk. Cando xuntas artistas tan diferentes que ven de camiños tan distintos ao final xurde este crisol que é MOJO EXPERIENCE”, siñala Diego, o vocalista da banda. E segundo conta Alejandro, o nome de MOJO EXPERIENCE ven un pouco de aí tamén, “MOJO por espírito e EXPERIENCE porque é o que define a formación que quedamos agora. Cada un vén dun sitio diferente, cun estilo, e a unión de todos nós é como unha “experiencia”, sobretodo nos temas propios”.

MOJO EXPERIENCE, banda residente no Embora, ten unha posta en escena que é un verdadeiro show cheo de enerxía que contaxia ao público de boa onda. “Intenso e realista. O que estamos tocando, estámolo vivindo. Non é algo que estéa completamente estudiado, ten vida interna”; conta Roque, o batería.

A súas creacións vense influenciadas por diversos artistas como Tina Turner, BB King, The Allman Brothers, Eric Clapton, Ray Charles… A maneira de crear temas neste grupo é completamente casual, artística, “por exemplo, un día Roque chegou cunha liña de baixo na cabeza e a partir desa liña fumos improvisando, metemos unha guitarra, unha batería, Diego comezou a escribir unha letra… en dez minutos tiñamos o xerme do que despois foi o noso tema “Bad day”, detalla o guitarrista Guillermo. “É algo espontáneo. Aportando o que cres que lle pode ir ben ao tema”, sinala Paula.

Crean temas da nada e tamén fan versións. “Son temas clásicos que nos gustan dende sempre. Cada un trae as súas propostas e decidimos cales collemos e cales rexeitamos. Ten que ser un tema que nos guste a todos, que nos motive, que nos estimule”, di Katia.

E é que este grupo compostelá está formado por verdadeiros artistas, xente entusiasta, agradecida e optimista, aínda que boa parte do gremio musical non se atopa satisfeito coa situación actual en Compostela, eles só teñen boas palabras. “Agora mesmo hai moita mais variedade e calidade da que houbo nunca. A xente que non coñeza como funcionaba isto antes quizais teñan as suas queixas, pero quen nos dera no seu momento ter certas cousas que se teñen agora. Hai moita máis unión dos locais, moito máis apoio por parte das institucións. Fai anos era impensable tocar cunha batería nun local se non era jazz, ou tocar na rúa. Ademais creo que se está facendo un apoio moi importante as bandas locais, aos grupos de Santiago”, opina sobre o tema Alejandro.

Participaron no festival ‘Feito a Man 2016’, tamén na inauguración do Centro Xove da Almáciga, pero o mellor de MOJO EXPERIENCE está por chegar. “Agora mesmo temos a necesidade de dar un paso máis adiante. Interésanos a idea de sacar unha grabación de temas propios para distribuír, comezar a tocar por festivais e ter a hora e media que temos de concerto pero co noso repertorio”, aseguran os integrantes.

Podedes saber máis do grupo na súa web mojoexperience.bandcamp.com

Encantados de falar convosco, moita sorte e longa vida a MOJO EXPERIENCE! 😉

 

 

 

 

 

 

 

 

The post O mellor Blues&Soul nos directos da banda MOJO EXPERIENCE appeared first on Pincha(e)Discos.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú