Quantcast
Channel:
Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Guadi Galego, Funambulista, Rozalen e outros moitos tocarán coa súa banda no Santiautor 2017

$
0
0

Desde o 3 de marzo ata o 30 de maio celebrarase a VIII edición do Santiautor. Todos os concertos incluídos no evento musical terán lugar na Sala Sónar, precursora do certame; no Teatro Principal,  na Sala Capitol e tamén no Auditorio de Galicia que é a nova incorporación desta edición xa que cada ano medra a necesidade de aforo.

Dos 32 concertos cos que conta este ano o festival, 17 serán voces femininas. Entre elas estarán artistas como Guadi Galego, Rosa Cedrón, Rosana, Ele, Siloé ou Patricia Lázaro.

Como ven pasando en todas as edicións anteriores, o Santiautor aposta polo talento galego programando 15 actuacións de artistas de aquí (Tato López, David Prado, Xosé Constenla, Ysied, Yhadira, Carmela Pequeña, Sleeping Cat, Sonia Lebedynski, Cora Sayers, Luis Fercán, Javi Maneiro, Guadi Galego, Antonio Rivas, Rosa Cedrón e Fredi Leis), cinco deles da propia cidade.

O autor compostelán Fredi Leis escolleu o festival que foi testemuña do seu crecemento como artista para dar a coñecer o seu primeiro disco. Esta actuación porá o broche de ouro ao VIII Santiautor.

Estrella Galicia, Coca Cola, Agadic, Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, Cadena Ser Galicia, Cadena Dial, Restaurante Manso e a Horta do Obradoiro apoian coa sua colaboración esta octava edición do Santiautor.

Podes consultar todas as datas dos concertos na web santiautor.gal

 

 

The post Guadi Galego, Funambulista, Rozalen e outros moitos tocarán coa súa banda no Santiautor 2017 appeared first on Pincha(e)Discos.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú