Quantcast
Channel:
Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

ESTREAS MIX(e)LÍN

$
0
0

cuidadodiscoviniloRematou 2014, propuxéstesvos darlle menos ao dente, comer san, ir ao ximnasio, facer exercicio, saír a correr, baixar de peso… pero pasan os meses, e eses polvoróns, eses manteigados, eses turróns e lambonadas, esas enchentas de Nadal… continúan a pesar nos vosos corpos. Os carnavais, as filloas, a cachucha, o cocido e os untos non se pode dicir que axuden moito, e por riba non vai moi bo tempo; chove, fai frío e cando un sae de estudar ou traballar aínda é de noite e só apetecen sofá, manta e televisión. Estamos rematando xa febreiro e, sendo así, todo o ano teredes escusas.

En Pratos Combinados sabemos que, dun xeito ou doutro, en 2015 estreas mixelín; xa que logo, ímosche axudar a queimalo con boa música. Pedímoslle a dous dos nosos amigos de Pincha(e)Discos -Lawrence King e Dj Son- que nos cociñaran un par de sesións de temas que resumiran as súas particulares visións da tempada que acaba de rematar, e aquí volas presentamos, listas para degustar como máis vos apeteza.

Por unha banda, Lawrence King ofrécenos unha ración de pezas house e dance con mesturas longas e elegantes a dous e tres pratos, con ingredientes do noso continente e un sabor xenuinamente americano; perfecta para os amantes do fitness e o exercicio lixeiro. Nela inclúense temas de Dirty Vegas, Storm Queen, Bob Sinclar, Manglar ou The Aston Shuffle. Podes escoitala premendo na seguinte imaxe:

Mix(e)Lin Lawrence King

Por outra banda, Dj Son seleccionou unha manchea de temas dance e EDM moi rítmicos, mesturados cunha base continua e sazonados con efectos acó e aló. O seu magnífico traballo, ideal para facer running, inclúe temas de Global Deejays, Kate Ryan, Inna, Calvin Harris ou Peter Gelderblom. Escóitaa premendo na seguinte imaxe:

Mix(e)Lin Dj Son

En definitiva, dúas sesións con diferentes sabores e diferentes ritmos; para escoitar ou para bailar, para quencer con suavidade ou para facer exercicio a tope. Mesmo podedes facer coma min: enganchar unha noutra para chegar ao mes que ven con máis fibra que Coronado. E vós, sodes máis de fitness ou de running?

Por Sete Polgadas

The post ESTREAS MIX(e)LÍN appeared first on Pincha(e)Discos.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú