Quantcast
Channel:
Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Eli ‘Paperboy’ Reed Trío chega a Santiago e nós temos entradas para ti!

$
0
0

Eli Paperboy ReedSi, como liches, un dos concertos máis especiais do ano en Santiago está a piques de celebrarse e Pincha(e)Discos sortea dúas entradas individuais para ir velo! Eli ‘Paperboy’ Reed Trío tocará o domingo 8 de marzo na Sala Capitol, nun evento organizado por Raiña Productions & A Reixa e que se enmarca dentro do ciclo Sons’15 do Concello compostelán.

A actuación forma parte da xira ‘Walkin & Talkin 10th Anniversary Tour’ que está a percorrer España. Con ela conmemoran o décimo aniversario do seu primeiro album – inédito en medio mundo. A historia é a seguinte: Ano 2004. Tres amigos (Eli ‘Paperboy’ Reed, voz e guitarra; Eli Keszler, batería; e Jake Leckie, baixo) péchanse nun soto-estudo en Boston e gravan 17 cancións resultado da combinación de downhome blues, R&B e soul que tocaran pola cidade durante moito tempo. Un total de 12 deses temas formaron o CD que, coa axuda dun préstamo dos seus pais, vendían nos seus concertos ou incluso tocando na rúa. As 1000 copias que fixeron esgotáronse e cada un seguiu o seu camiño. Eli Keszler como un innovador artista da escena experimental neoiorquina, Jake Leckie traballando como enxeñeiro de son en San Francisco e Eli ‘Paperboy’ Reed converténdose nunha das estrelas do circuíto de soul actual.

Dez anos despois os tres amigos xúntase para presentar en directo aquel primeiro disco e vendelo nunha edición en vinilo (podes escoitar e comprar a versión dixital en audio de alta resolución premendo aquí).

Sorteo
Para conseguir unha das dúas entradas individuais que sorteamos para o concerto na Sala Capitol, só tes que ser o noso seguidor nalgunha das seguintes redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram) e compartir esta nova no teu muro ou timeline. O próximo venres, 27 de febreiro, daremos a coñecer o nome dos dous gañadores. Sorte!

The post Eli ‘Paperboy’ Reed Trío chega a Santiago e nós temos entradas para ti! appeared first on Pincha(e)Discos.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú