Quantcast
Channel:
Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Obxectos vintage, música e moita arte no garaxe compostelán El Tesoro Shop

$
0
0
O garaxe da Isla do Tesoro está na compostelá rúa de Poza de Bar.

Algúns dos asistentes escoitando a cinta de Montaña Muerte que se presentou no garaxe El Tesoro Shop.

Dicía o músico Frank Zappa que a cultura oficial “sae ao teu encontro, pero ao underground tes que ir ti”. Nunha cidade como Compostela, tamén podes. Á marxe da programación cultural de entidades como o Concello ou a Xunta, por exemplo, desenvólvense numerosas actividades alternativas. As do garaxe El Tesoro Shop son unhas delas.

Lorenzo – ou Loren, para moitos – está detrás deste proxecto que non lle gusta definir como ‘underground’ pero que si cumpre algunhas das súas características. Situado na compostelá rúa da Poza do Bar, The Tesoro Shop non é unha tenda – pese ao seu nome – pero si podes alugar ou comprar os numerosos obxectos vintage e de reciclaxe que alí se almacenan. Non é unha galería de arte, pero si albergan exposicións de artistas que lles gustan. Non é unha sala de concertos, pero si que teñen actuado amigos como Montaña Muerte. De feito, o pasado sábado este presentou alí a súa última cinta ‘The Space Hates Cowards’ (unha cassete de edición limitada da que só se fixeron 50 unidades). O evento completouse cun obradoiro de Circuit Bending no que os asistentes puideron crear un instrumento a partir de materiais reciclados; e unha charla de Yago Portela, que contou algunhas anécdotas da empresa familiar, a compostelá Portela Seijo.

Foi hai algo máis de dous anos cando Lorenzo e a súa parella decidiron dar forma a El Tesoro Shop, alugando un garaxe que servise de contedor de La Isla del Tesoro, o seu blog. “Necesitabamos un espazo onde gardar moitas das nosas cousas e pensamos: por que non compartilo con amigos e divulgar actividades que nos gustan?”, explica. Teñen mobles, cadros, revistas… e motos antigas, vellas e con historia. “Moitos son obxectos que atopamos na rúa tiradas, como uns manequíns que teñen ao barrio tolo porque cada vez que pasan ven mulleres espidas”, conta entre risos.

El Tesoro ShopIncluso un Premio Nacional de Fotografía
No El Tesoro Shop non hai unha programación, senón que vanlles xurdindo ideas e levándoas a cabo. “A cultura está moi ‘achuchada’. Por desgracia, métense moitos factores que a desvirtúan. Por iso nós non temos un calendario e funcionamos polo que nos move, nos emociona“, sinala Loren. Aínda que si lle están dando voltas á posibilidade de crear unha asociación cultural.

O garaxe está normalmente pechado, a non ser que se programe algún evento. Cando hai exposicións, como a que tiveron do pintor Alfonso de Torres, a mostra permanece alí o tempo que o artista considere e se pode visitar cunha solicitude previa. Unha das máis especiais que tiveron ata o de agora foi a do Premio Nacional de Fotografía Alberto García-Alix. “Cando o coñecimos pensamos en propoñerllo, mais como é un personaxe con moito peso non me atrevín a pedirllo. Pero un día chamoume el e díxome que lle gustaría presentar un libro da súa editorial, Cabeza de Chorlito. Fixemos unha presentación dunha caixa de diaporamas e foi un éxito. Periódicamente seguiremos facendo cousas con eles”, apunta Lorenzo.

Outra dos proxectos que este compostelán adoitaba organizar eran Flea Markets, mercados onde vender ou trocar diferentes obxectos. “A idea collina dunhas amigas de Porto. Montamos dous moi chulos en Santiago e un en Ourense. Pero deixoume de divertir e téñoo abandonado”, afirma. O que esperamos en Pincha(e)Discos é que nunca deixe El Tesoro Shop, un lugar diferente en Compostela que contribúe a divulgar a nosa riqueza cultural.

Por Rebeca Munín

El Tesoro Shop

The post Obxectos vintage, música e moita arte no garaxe compostelán El Tesoro Shop appeared first on Pincha(e)Discos.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú