Quantcast
Channel:
Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Música, artes escénicas, cine, gastronomía e debate nun WOSINC que se presenta este xoves en Santiago

$
0
0
Sun Araw por Alisa Lyudinshina.

Sun Araw por Alisa Lyudinshina.

A terraza da Fundación Eugenio Granell acolle este xoves, 3 de setembro, a festa de presentación da segunda edición do WOSINC. O festival celebrarase en Santiago do 11 ao 13 do mesmo mes con máis de corenta propostas internacionais de música, artes escénicas, cine, gastronomía e debate.

Nesta primeira actuación o gran protagonista será o artista estadounidense Sun Araw, quen presentará o seu último traballo: Gazebo Effect, un álbum no que pon a proba a natureza do son facéndoa confluír coas artes visuais. Ademais, estará acompañado por Regosanguento, o proxecto do lucense Alex Canoura que mestura unha decena de estilos e técnicas.

Ambicioso cartel internacional
E despois deste primeiro contacto, este evento multidisciplinar arrancará cun ambicioso cartel que, durante tres días, encherá de cultura 10 espazos emblemáticos da cidade: o Teatro Principal, a Sala Capitol, a Fundación Eugenio Granell, a Igrexa da Universidade, a Fundación SGAE, a Zona C, o CGAC, o Salón Teatro e o Mercado de Abastos. O abono para o festival pódese adquirir por 40€+gastos na súa páxina web. Ademais as entradas para cada unha das tres xornadas pódense comprar por 20€ o venres, 30€ o sábado e 10€ o domingo.

E que podemos destacar dese amplo cartel con máis de corenta propostas? No terreo musical salientan as figuras internacionais como Michael Rother (membro fundador de Neu!), Girl Band, Mdou Moctar, Noveller, No Joy e Pye Corner Audio. Xunto a eles, artistas como a banda portuguesa Pega Monstro, o británico Suum Cuique (alter ego de Miles Whittaker) e os galegos Cró!, Pálida, Sara Fontán, The Vog, Bluemouse e Mario González.

O humor estará presente da man de Ignatius Farray e as formacións Quimera Rosa e Voltage Opposites, que experimentan coa fusión de música e artes audivisuais. Haberá tamén catro coloquios cunha ampla visión cultural.

A primeira cita co cine será xa mañá, 2 de setembro, coa presentación da película colombiana Los Hongos no Numax, onde os abonados poderán acudir a un prezo reducido. Tamén colabora co WOSINC o Festival de Cine Curtocircuíto, onde se presentará Akounak Tedalat Taha Tazoughai, primeira película de ficción Tuareg, protagonizada polo músico Mdou Moctar, que estará en Santiago.

Actividades gastronómicas
E nun festival cultural multidisciplinar non podía faltar a gastronomía! O Mercado de Abastos será o punto de encontro destas actividades. Así, o sábado 12, celebrarase unha demostración gastronómica apadriñada por Abastos 2.0 e Radio Deli. Os dous locais composteláns prepararán en directo unha tapa exclusiva que só se servirá durante esa xornada, ademais de ofrecer unha pequena degustación e un desconto especial para abonados. A música poñeráa o dj santiagués Bluemouse.

Por outro lado, a segunda iniciativa gastronómica desta edición do WOSINC será a creación de catro rutas gastronómicas guiadas polo Mercado de Abastos da man de catro expertos en diversas ramas da gastronomía: tradicional, ecolóxica, pasteleira e enolóxica.

The post Música, artes escénicas, cine, gastronomía e debate nun WOSINC que se presenta este xoves en Santiago appeared first on Pincha(e)Discos.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 25

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú